Cargando resultados...
Falece un motorista de Boiro tras sufrir unha caída en Silleda
Falece un motorista de Boiro tras sufrir unha caída en Silleda
Foi un particular o que avisou o 112 ao comprobar que o piloto apenas respiraba
G24.gal
18/02/2024 13:21
Un motorista faleceu esta mañá tras sufrir unha caída cando practicaba motocróss pola parroquia de Escuadro, no municipio pontevedrés de Silleda. Segundo informou o 112, foi un particular o que sobre as 10:20 horas deu a voz de alarma e detallou, na súa chamada, que a persoa apenas respiraba.
O home, de 45 años e natural de Boiro, saíu da vía e bateu contra unha nogueira mentres realizaba motocrós cun grupo de amigos.
A central de emerxencias deu aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida.
No operativo tamén participaron os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.