Morre un home de 50 anos ao caer da moto en que viaxaba en Pontevedra
Morre un home de 50 anos ao caer da moto en que viaxaba en Pontevedra
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Pontevedra
Un motorista de 50 anos faleceu este martes á mañá ao caer do seu vehículo. Sucedeu na PO224, en Bora, no concello de Pontevedra.
🔴#AXEGAInforma de 2 accidentes mortais:
— 112Galicia (@112Galicia) March 13, 2024
📍 PO224, Bora, #Pontevedra
➡️ Un motorista caeu do seu vehículo
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @guardiacivil de Tráfico, #BombeirosPontevedra
🧵👇 pic.twitter.com/ZdpPt9dOHS
O accidente produciuse sobre as oito e media da mañá. Foi unha persoa, que atopou o motorista tendido sobre a cuneta, a que alertou os servizos de emerxencia, advertindo de que a vítima non respondía a estímulos.
Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061, pero o persoal sanitario non puido facer nada por salvar a vida do motorista.
Ademais, acudiron efectivos dos bombeiros de Pontevedra, que xa non interviñeron no suceso, ao estar a vítima liberada e accesible, e axentes da Garda Civil de Tráfico.
As primeiras investigacións apuntan a que o motorista perdeu o control da súa moto e chocou contra un noiro situado nun das marxes da estrada.