Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un mozo nun accidente na Coruña tras saír da vía o vehículo en que viaxaba

Morre un mozo nun accidente na Coruña tras saír da vía o vehículo en que viaxaba

O falecido viaxaba con dúas persoas máis, que foron trasladadas polos servizos sanitarios

G24.gal 16/03/2022 08:17 Última actualización 10:48

Un mozo  de 24 anos morreu nun accidente de tráfico rexistrado este martes á noite ao saír da vía o vehículo en que viaxaba como copiloto. O suceso aconteceu na estrada DP-3003, de San Pedro de  Visma a Mazaído, nas proximidades da Fundación Santa Lucía, sobre as 20:25 horas do martes.

O falecido viaxaba con dúas persoas máis, que foron trasladados polos servizos sanitarios.  O vehículo golpeou un bloque de formigón e derribou varios sinais antes de quedar parado nunha leira próxima. O mozo que ía de copiloto faleceu e a persoa que viaxaba no asento traseiro quedou ferida leve. 

Segundo indica o 112, foron informados os Bombeiros da Coruña, a Policía Local e Protección Civil. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade