Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un pescador de 70 anos na área recreativa de Vilagudín, en Ordes

Falece un pescador de 70 anos na área recreativa de Vilagudín, en Ordes

O home saíra de Carballo o martes a media tarde para pescar no seu espazo habitual

O corpo sen vida foi localizado na auga, a uns 60 metros da beira

Ante a carencia de medios de rescate acuático, un bombeiro do parque de Ordes acabou meténdose na auga para sacar o cadáver

G24.gal 15/05/2024 09:21 Última actualización 15/05/2024 14:01

Un pescador falece na na área recreativa de Vilagudín en Ordes. A familia alertou da súa falta a través dunha chamada ao 112 Galicia pasada esta medianoite. Indicaron que eran arredor das 19:00 horas deste martes cando o home saíu de casa para pescar no contorna da área recreativa de Vilagudín, Ordes. 

Alí acudiron os familiares ante a demora do falecido, e a pesar de que atoparon o seu vehículo, non había ningún sinal do home. Pouco despois, o corpo sen vida foi localizado na auga, a uns 60 metros da beira.

Ao lugar desprazáronse efectivos de urxencias sanitarias, da Garda Civil e os tres bombeiros que estaban de garda no parque de Ordes. Chegaran aquí conducidos por familiares da vítima. Fora a súa muller quen alertou o 112, pois xa entrara ben a noite e o home non volvera á súa casa de Carballo, da que saíra á media tarde. 

Ao chegaren a esta área fluvial, xa viron o coche do pescador, polo que, envoltos na escuridade da noite, foron rastrexando a zona ata que avistaron o corpo na auga.

Ante a carencia de medios de rescate acuático, un dos bombeiros acabou meténdose na auga para sacar o cadáver ata a ribeira.

A vítima, de setenta anos, ía pescar con frecuencia el só aos arredores da área recreativa de Vilagudín. Un espazo envolto en soidade, só rota moi de cando en vez por algún vehículo que transita dunha á outra marxe do encoro.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade