Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un policía local de Calpe cando rescataba o condutor dun vehículo atrapado pola auga

Falece un policía local de Calpe cando rescataba o condutor dun vehículo atrapado pola auga

Xornada de inundacións en Castelló e Alacant

Os evacuados durante a madrugada dun cámping anegado polas chuvias en Cabanes regresaron aos seus aloxamentos

 

G24.gal 18/09/2022 21:30

Dúas patrullas da Policía Local de Calpe acudiron a este camiño de madrugada para socorrer un condutor que quedara atrapado no interior do seu vehículo, rodeado pola auga. Habitualmente o río está seco e os veciños atallan por este camiño. Pero as chuvias torrenciais desta noite aumentaron o nivel ata case os dous metros.

Na operación de rescate, un dos axentes perdeu pé e foi arrastrado pola corrente. O cadáver localizárono a dous quilómetros do lugar varias horas despois.


"Aquí fórmase un circo de pequenos montes que, co tipo de chuvia que caeu esta noite, se carga de auga e pode vir unha riada moi forte".

En Benidorm había anos que non chovía tanto. E en Oropesa rexistrouse o máximo de precipitacións: 144 litros por metro cadrado en doce horas. Baixos e garaxes quedaron asolagados.

"Hai máis de medio metro de auga, os coches están anegados e os garaxes tamén".

"Houbo auga por riba dos nocellos, todos os locais están afectados e os coches cheos de lixo. Desastre total".

As fortes precipitacións provocaron numerosos estragos na vía pública, con caída de muros, cornixas e ramas.

Os servizos de emerxencias non pararon en toda a noite nas provincias de Castelló e Alacant. Houbo que rescatar máis xente atrapada dentro de coches e desaloxar setecentas persoas que estaban coa auga ata a cintura en dous cámpings. 

 


 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade