Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un traballador nas Neves ao caer dunha máquina

Falece un traballador nas Neves ao caer dunha máquina

Atopábase construíndo un muro nunha casa particular

A vítima tiña 49 anos

G24.gal 18/12/2023 19:51

Un traballador faleceu tras caer dun vehículo con guindastre en Campiño, na parroquia de Tortoreos, nas Neves. 

O suceso ocorreu pasadas as dúas e media da tarde. Foi un particular quen deu a voz de alarma.  O home estaba a facer un recheo á beira dun muro de grande altura cando o seu vehículo envorcou e el acabou caendo entre o muro e a máquina.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil. Con todo, a pesar dos esforzos, o persoal sanitario nada puido facer por salvarlle a vida ao operario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade