Publicador de contidos
Publicador de contidos

O veciño de Narón atropelado nas Pías permanece en estado de morte cerebral

O veciño de Narón atropelado nas Pías permanece en estado de morte cerebral

A vítima, un corredor de 52 anos, foi golpeada por un vehículo que fuxiu do lugar dos feitos

O condutor foi detido pouco despois do accidente e deu positivo por consumo de estupefacientes

Roupa e obxectos persoais da vítima/ Policía Local de Ferrol Roupa e obxectos persoais da vítima/ Policía Local de Ferrol
G24.gal 20/04/2024 18:22 Última actualización 20/04/2024 22:19

Permanece en estado de morte cerebral o veciño de Narón, de 52 anos, que fora atropelado este venres en Ferrol. A súa familia, que está en Palencia, identificouno tras unha solicitude de colaboración cidadá da Policía Local.

O home saíra correr cando foi golpeado por un vehículo nos arredores da avenida das Pías, no barrio de Caranza. Logo foi trasladado inconsciente ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

O condutor, que fuxiu nun primeiro momento, foi detido horas despois do atropelo. Segundo a Policía, deu positivo por consumo de estupefacientes. Este domingo pasará a disposición xudicial.

A Policía Local publicou na rede social X algunhas fotografías da roupa e dos obxectos persoais que levaba o corredor no momento do accidente. Dúas horas e media despois, informaron de que completaran a identificación e agradeceron a colaboración.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade