Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece unha motorista canaria tras chocar un coche contra a súa motocicleta na N-120 na Rúa

Falece unha motorista canaria tras chocar un coche contra a súa motocicleta na N-120 na Rúa

Sábado negro nas estradas ourensás, con dous falecidos en múltiples accidentes en distintos puntos da provincia

A muller das Palmas de 56 anos facía unha ruta co seu home por Galicia

O vehículo implicado no accidente envorcado e a moto atrapada
G24.gal 17/08/2024 16:21

Unha muller natural das Palmas faleceu nun accidente de tráfico na Rúa, informou a Garda Civil. No sinistro víronse implicados un coche e unha motocicleta e faleceu a condutora da moto, que viaxaba con casco.

O sinistro rexistrouse contra as 13:00 horas na estrada N-120 (Vigo-Logroño), á altura o quilómetro 465.5. O coche terminou envorcado na cuneta, xunto á motocicleta.

Os servizos de emerxencias non puideron facer nada por salvarlle a vida á muller motorista. Distintas testemuñas apuntan a que por causas descoñecidas o turismo que circulaba en sentido a Ponferrada invadiu o carril contrario e colidiu contra a moto.

O accidente obrigou a cortar de xeito temporal o tráfico na N-120 e habilitar un desvío pola N-536.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade