Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha moza de 24 anos nun accidente de tráfico en Quiroga

Falece unha moza de 24 anos nun accidente de tráfico en Quiroga

A vítima, veciña de Vilamartín, viaxaba de acompañante nun furgón que envorcou na estrada N-120

G24.gal 22/12/2022 10:10 Última actualización 22/12/2022 14:16

Unha moza de 24 anos faleceu este xoves tras sufrir unha saída de vía e envorcar a furgoneta de repartimento de paquetería en que viaxaba no asento do acompañante na N-120 ao seu paso pola localidade de Quiroga. Era veciña de Vilamartín de Valdeorras, aínda que nacida en Valencia.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar á altura do quilómetro 484 da N-120 sobre as 7:00 horas, momento en que un particular alertou de que unha furgoneta envorcara no medio da vía e que era preciso a intervención dos servizos sanitarios. 

Por causas que se descoñecen, o vehículo saíu da vía e envorcou á altura de Santa Baia de Bendollo. Ata o lugar acudiron os servizos de emerxencias do 061, que non puideron facer nada para salvarlle a vida á moza.

Pola súa parte, o condutor, parella da vítima mortal, quedou ferido leve. "O meu cliente empezaba a súa xornada laboral ás sete da mañá. Baixaba do Barco para comezar a repartir a mercadoría do día. Coa estrada mollada, notou como se lle foi a parte traseira do coche e xa non recorda nada máis", di Celia López Rodríguez, avogada do condutor.

Debido a este sinistro, o carril da estrada en sentido ao Barco permaneceu cortado durante varias horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade