Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece unha muller tras ser atropelada mentres cruzaba nun paso de peóns en Neda

Falece unha muller tras ser atropelada mentres cruzaba nun paso de peóns en Neda

A pesar de ser asistida no mesmo lugar do accidente e trasladada ao Complexo Hospitalario de Ferrol, faleceu horas máis tarde por causa das súas graves feridas 

G24.gal 10/07/2024 12:11

Unha muller de 67 anos faleceu este martes tras ser atropelada mentres cruzaba un paso de peóns na avenida de Alxeciras do municipio de Neda.

Por mor do impacto, a muller chegou a entrar en parada cardiorrespiratoria, pero unha enfermeira que estaba na zona conseguiu reanimala e asistila, xunto a outras veciñas, ata a chegada da ambulancia.

A vítima, veciña do concello próximo de Fene, foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, onde faleceu horas máis tarde como consecuencia das graves feridas sufridas.

A muller fora traballadora do Concello de Fene, que publicou unha mensaxe nas súas redes sociais. "O goberno, a corporación municipal e os compañeiros e compañeiras queremos expresar o noso máis profundo pesar polo falecemento de Carmen Rodríguez Carballeira, traballadora deste Concello durante moitos anos", sinala a mensaxe.

"Tamén queremos trasladar todo o noso agarimo e apoio aos seus familiares e amigos nuns momentos tan difíciles. D. E. P.", finaliza a publicación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade