Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece unha persoa ao ser atropelada en Vilasantar

Falece unha persoa ao ser atropelada en Vilasantar

Os sanitarios nada puideron facer por salvala

G24.gal 02/11/2022 21:14

Un home de 79 anos morreu atropelado este mércores tras apearse do seu vehículo en Vilasantar (A Coruña), informan a Garda Civil e o 112.

O suceso produciuse ás 19:35 horas no quilómetro 29 da estrada que une Betanzos (A Coruña) con Agolada (Pontevedra), a AC-840.

Un home de 79 anos baixou do seu vehículo e foi atropelado por outro automóbil que circulaba no mesmo sentido.

A seguir, un terceiro coche tamén o colleu nun tramo sen iluminación, pois non facía uso de ningunha peza reflectora, aínda que portaba unha lanterna pequena.

O persoal sanitario, que acudiu ao momento, non puido facer nada pola súa vida e confirmou o falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar