Cargando resultados...
O envorco dun camión corta máis de dúas horas a AC-840, en Vilasantar
O envorco dun camión corta máis de dúas horas a AC-840, en Vilasantar
O remolque, que contiña cereal a granel, quedou atravesado na estrada ata que un guindastre o retirou
O cereal quedou esparexido pola calzada e o remolque atravesado a mañá deste martes no km 25 da AC-840
G24.gal
25/06/2024 13:47
O envorco do remolque dun camión obrigou a cortar a AC-840 este martes. O accidente tivo lugar contra as dez da mañá neste tramo da estrada que transcorre polo concello de Vilasantar.
O chofer, ileso, saíu polo seu pé da cabina e a casualidade fixo que nese momento ningún outro vehículo nin peón circulase por alí. A carga, cereais, quedou estendida pola calzada e coa caixa do camión ocupando os dous carrís.
A estrada estivo cortada durante dúas horas e media e o carril sentido Melide permanecía pechado a primeira hora da tarde. O accidente puido deberse a unha distracción do condutor.