Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home de 85 anos ao chocaren un coche e un camión en Lugo

Falece un home de 85 anos ao chocaren un coche e un camión en Lugo

O sinistro produciuse sobre as seis da tarde deste martes á altura da parroquia de Gondar

G24.gal 06/08/2024 21:08 Última actualización 06/08/2024 21:32

Un home de 85 anos faleceu e outra persoa resultou ferida grave tras producirse unha colisión entre un turismo e un camión na estrada LU-530, no termo municipal de Lugo.

O sinistro produciuse sobre as seis da tarde deste martes á altura da parroquia de Gondar.

Segundo a información recollida polos operadores do 112, no momento do accidente o camión non levaba carga. Pola súa banda, no coche viaxaban dúas persoas que necesitaban asistencia sanitaria urxente.

Con esta información, solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Lugo, así como á Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Xa no lugar, o persoal sanitario non puido facer nada por salvar a vida da vítima. Ademais, a outra persoa ocupante do turismo foi trasladada polos servizos sanitarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade