Falece unha muller na Coruña atropelada polo tren
Falece unha muller na Coruña atropelada polo tren
A vítima ía acompañada doutra persoa
O accidente ocorreu na zona das Xubias de Abaixo
O atropelo produciuse a primeira hora da mañá, pouco antes das sete. O maquinista do tren avisou ao 112 de que acababa de ocorrer o accidente á altura das Xubias de Abaixo, nunha zona por onde non se permite o paso de peóns.
Inmediatamente mobilizáronse os servizos sanitarios que só puideron confirmar a morte nas vías desta muller, que camiñaba acompañada doutra persoa. Ademais do 061 tamén foi mobilizada a Policía Nacional para iniciar a investigación, a Policía Local e o persoal de ADIF.
Xa se procedeu á identificación da vítima e ao levantamento do cadáver.
A circulación ferroviaria estivo interrompida entre O Burgo e A Coruña mentres os equipos de rescate traballaron no lugar. Xa quedou restablecida.