Falece un home de 73 anos nun accidente de tractor en Gondomar
Falece un home de 73 anos nun accidente de tractor en Gondomar
A vítima quedou atrapada entre o tractor e o muro da estrada
Un home de 73 anos faleceu na mañá deste venres tras ter un accidente co tractor. O suceso ocorreu no lugar de Galisteo, na parroquia gondomareña de Mañufe.
🔴#AXEGAInforma dunha persoa falecida tras un accidente de tractor.
— 112Galicia (@112Galicia) May 24, 2024
📍 Lugar Galisteo, Mañufe, Gondomar.
🚨 #BombeirosPorriño, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @guardiacivil, Policía Local e Protección Civil.
➡️ A vítima quedou atrapada entre o tractor e o muro da estrada. pic.twitter.com/vuA3jo95In
O 112 Galicia tivo constancia do incidente pasados dez minutos das 11 horas tras un aviso dun particular. Segundo a información facilitada aos xestores, a persoa atopábase atrapada e aparentemente sen signos vitais.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Porriño.
Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia encargáronse de liberar a vítima, mentres que, desafortunadamente, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.