Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren dous mozos nun accidente en Vitoria, tras unha quedada ilegal de coches

Morren dous mozos nun accidente en Vitoria, tras unha quedada ilegal de coches

Un turismo de gama alta, só cun condutor, bateu contra un coche máis pequeno en que viaxaban catro mozos

G24.gal 13/01/2024 20:58 Última actualización 13/01/2024 21:24

O accidente mortal acontecía de madrugada, cando un turismo de gama alta, en que viaxaba só o condutor, saíu fóra do seu carril e bateu frontolateralmente con outro vehículo máis pequeno, no que viaxaban catro mozos. 

Producíase nun polígono industrial de Vitoria, onde supostamente se celebraban carreiras ilegais. No sinistro faleceron un mozo de 21 anos e unha moza de 18, que viaxaban no coche máis pequeno. Hai outro mozo en estado crítico.

"É difícil imaxinar unha carreira entre un coche de gama alta cunha soa persoa e un coche pequeno con catro ocupantes, que estes dous vehículos compitan en algo parece estraño. O que si é claro é que un dos vehículos fixo unha manobra irresponsable a unha altísima velocidade. Se os outros, os do coche das vítimas participaban en algo ou simplemente pasaban por alí é algo que temos que investigar", dixo Iñaki Gurtubai, concelleiro delegado de Seguridade de Vitoria.

A Policía Local dispersara media hora antes do accidente grupos de mozos que estaban na zona presuntamente coa intención de participar en botellóns e en carreiras ilegais, unha situación que viñan denunciando veciños e traballadores da zona.

Amigos dos falecidos depositaban este sábado flores no lugar do sinistro. 

A investigación policial está en fase moi preliminar e determinará as causas exactas do sinistro, pero parece confirmarse que o vehículo de gama alta circulaba a unha "velocidade extrema".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade