Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falta saber quen presidirá a Deputación de Ourense en nome do PP

Falta saber quen presidirá a Deputación de Ourense en nome do PP

O popular que estará á fronte da de Pontevedra logrou a acta de edil necesaria

As deputacións da Coruña e de Lugo repetirán presidencia socialista

G24.gal 17/06/2023 20:26 Última actualización 17/06/2023 20:43

Valentín González Formoso volveu tomar este sábado o bastón de mando como alcalde das Pontes, tras a súa cuarta maioría absoluta consecutiva. O líder dos socialistas galegos será tamén quen volva presidir a Deputación da Coruña, cun acordo co BNG.

A Deputación de Lugo seguirá igualmente en mans socialistas, as do reelixido alcalde de Monforte, José Tomé, que gobernará por segunda vez a institución provincial, previsiblemente tamén en coalición co Bloque.

A Deputación de Pontevedra pasa a mans dos populares. O que será o seu presidente, Luís López, pechaba simbolicamente a lista electoral do PP para o seu concello, Rodeiro, e os dezaseis compañeiros que o precedían tiveron que renunciar á súa acta para garantirlle un posto de edil, un movemento necesario para que puidese tomarlle a remuda á socialista Carmela Silva.

En Ourense despexouse unha dúbida: a Deputación, gobernada polos populares de forma ininterrompida desde a Transición, seguirá liderada polo PP, logo do acordo ao que chegou o partido con Democracia Ourensana para deixar gobernar a lista máis votada. O que está por saber é o nome do futuro presidente, tras a renuncia de Baltar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade