Publicador de contidos
Publicador de contidos

Familiares de Diego Bello denuncian ante a embaixada filipina a demora na detención dos policías acusados de asasinalo

Familiares de Diego Bello denuncian ante a embaixada filipina a demora na detención dos policías acusados de asasinalo

Os axentes seguen en paradoiro descoñecido

G24.gal 15/09/2022 14:40

Familiares e amigos de Diego Bello viaxarán o martes vindeiro a Madrid para prensetar unha queixa formal perante o embaixador filipino pola dilación da policía dese país na entrega á xustiza dos tres axentes acusados de asasinalo en xaneiro de 2020. Queren facerlle chegar o seu malestar.

Non entenden como seis meses despois de que un xulgado da illa de Siargao, onde asasinaron a Diego, ordenase a detención dos tres policías acusados continúen en paradoiro descoñecido.

Teñen claro que van seguir loitando ata que haxa xustiza para Diego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade