Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños do barrio vigués do Calvario denuncian os conflitos que provoca o tráfico de drogas nunha casa ocupada

Os veciños do barrio vigués do Calvario denuncian os conflitos que provoca o tráfico de drogas nunha casa ocupada

A policía ten que acudir diariamente por altercados na zona

Tres dos ocupantes teñen problemas coa xustiza

G24.gal 10/04/2024 14:09

Os veciños do barrio do Calvario, en Vigo, están fartos da familia que ocupa dende hai anos esta vivenda do camiño de Medeiros. Din que é unha fonte continua de conflitos; onte mesmo unha decena de axentes da Policía Nacional e Local tiveron que presentarse aquí por unha pelexa en que estaba implicado un dos ocupantes da casa. Necesitou atención médica por un corte nun brazo.

Os veciños din que a maioría dos fillos da matriarca teñen contas pendentes coa xustiza. Un está cumprindo condena, outro en arresto domiciliario e sobre outro pesa unha orde de busca e captura.

As forzas e corpos de seguridade teñen constancia de que os ocupantes comercian con drogas. Os veciños quéixanse de que teñen que aguantar ameazas continuas dos toxicómanos que veñen pola súa dose.

Xa interpuxeron varias denuncias contra os ocupantes polos gritos e pelexas coas que conviven diariamente. Os ocupantes ilegais recibiron unha orde de desafiuzamento, que está previsto para a semana que vén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade