Publicador de contidos
Publicador de contidos

Febre polo 'lettering'

Febre polo 'lettering'

A arte de debuxar letras á man que axuda a relaxar e a reducir o estrés

O 'lettering' permite debuxar as letras e facer escritos artísticos
G24.gal 01/07/2024 14:54

Din os que practican o lettering que é unha experiencia relaxante e terapéutica. Cada trazo preciso e coidado require de tanta atención que a ansiedade do día a día queda a un lado.

"O tema é que como tes que estar bastante concentrado para premer coa forza xusta para facer o ancho da letra que precisas, e tal, pois é algo que se estás facendo iso non te podes concentrar noutra cousa", apunta Juan Balseiro, propietario librería Atlántica.

No lettering as letras cobran vida e a creatividade non ten límites. Os trazos son libres e debuxan o que a imaxinación dita.

"Permite moitísima creatividade e facer cousas moi bonitas incluso felicitacións ou calquera tipo de tarxeta para invitar a un evento ou cousiñas así que moita xente as fai á man e a verdade que é un detalle moi bonito. Non é o mesmo unha cousa impresa que facelo artesanalmente".

Nunha librería da Guarda foron pioneiros en dar talleres, agora están tan de moda que é doado atopalos en moitos sitios

"Viña xente de moito máis sitios, pois de Vigo, de Pontevedra, de Ourense a facer os cursos aquí, era un furor".

Debuxar as letras non ten idade pode practicar calquera mesmo os que teñen unha caligrafía pésima. Con todo hai cadernos de iniciación.

"A clásica marca Rubio  que son os cadernos de cando eramos pequenos pois tamén se meteu no tema da caligrafía creativa, entón sacaron este tipo de cadernos, hai varios este é o primeiro, onde tes modelos para que practiques a arte do 'lettering'", conta Juan.

Só se require aprender a técnica e logo botarlle horas. Constancia e práctica, esas son as claves para conseguir resultados divertidos e orixinais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade