Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fedea di que a reforma das pensións condena o sistema a un déficit elevado e crecente

Fedea di que a reforma das pensións condena o sistema a un déficit elevado e crecente

A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, responde a Fedea: "Que se preocupen pola suficiencia das pensións" 

Feijóo tacha de parche a reforma pactada no seo do Goberno

O informe de Fedea cuestiona a reforma das pensións pactada no seo do Goberno
G24.gal 13/03/2023 14:22

Os expertos de Fedea frean a euforia do Goberno coa reforma das pensións. Non lle dan as contas.  Nun informe publicado hoxe, a Fundación de Estudos de Economía Aplicada di que a Seguridade Social seguirá cos múmeros vermellos.

Ata 2050, a base máxima de cotización subirá un 38 por cento. A pensión máxima, ao redor dun 3 por cento. Pero aínda así os ingresos non cubrirán os gastos. E xa calcularon canto deberá aportar o Estado. Calcula que ao redor do 2050, debería inxectar cada ano á Seguridade Social recursos extra por valor duns 4,5 puntos do PIB, ao redor do 60 por cento da recadación por IRPF. 

Para o Goberno, este enfoque non é o correcto. A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz lémbralle que a Constitución "recolle a suficiencia das pensións" e hoxe o "Goberno de España cumpre co mandato constitucional".

O executivo conta co apoio dos sindicatos. O secretario xeral de CCOO, Unai Sordo, di que "dá certeza, confianza e estabilidade" e Pepe Álvarez, da UXT, agarda que hoxe mesmo se poida pechar o acordo co Goberno. 

Na Radio Galega, o secretario xeral da UXT, destacou que se trata dun paso extraordinariamente positivo para consolidar o sistema e garantir a xubilación dos máis novos. Pide altura de miras aos empresarios e salienta que a proposta sobre cotizacións está por baixo da maioría dos países da Unión Europea incluído Portugal.

Agás sorpresa maiúscula, a CEOE non estará nese acordo. Os empresarios din que a proposta do Goberno "recolle máis impostos, obriga a traballar máis anos e todo isto para cobrar menos cando chegue a hora de xubilarse". 

O PP lamenta que o Goberno presente unha reforma sen buscar consenso. E sacan conclusión do que se coñece. Feijóo fala de parche ata o ano 2025 e sostén que só "poden presumir de ter acadado un acordo entre socios que se basea nunha sucesión de mentiras".

A reforma das pensións é clave para que España poida recibir un novo desembolso de fondos europeos.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade