Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo espera que os tribunais impidan unha lei de amnistía para o "procés"

Feijóo espera que os tribunais impidan unha lei de amnistía para o "procés"

O PP, disposto a falar da investidura con Yolanda Díaz e co deputado do BNG

Aragonés insiste en que a amnistía é necesaria pero non suficiente

Núñez Feijóo, na entrevista de La Razón
G24.gal 10/09/2023 14:40 Última actualización 10/09/2023 15:09

Cataluña celebra este luns, 11 de setembro, unha Diada marcada polas negociacións para a investidura do presidente do goberno español e a polémica sobre unha lei de amnistía para os condenados polo proceso independentista.

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, está convencido de que hai mecanismos xudiciais, éticos e electorais para frear ese acordo de impunidade.

O candidato á investidura, Alberto Núñez Feijóo, comeza a semana de transición cunha reunión da xunta directiva nacional do PP para analizar a estratexia cara ao debate de investidura e tamén a resposta dos populares á polémica sobre unha posible amnistía para os axuizados do procés.

Feijóo, que segue sen contar cos apoios suficientes, cre que os tribunais e os votantes poden frear un posible acordo entre Pedro Sánchez e o partido de Carles Puigdemont.

"Primeiro veremos cal é o prezo que Sánchez está disposto a pagar e os mecanismos do TS para reaccionar (...). Creo que entre os mecanismos xudiciais, nos que confío, e os éticos e morais, e os electorais pódese parar, claro que se pode parar".

O ministro da Presidencia en funcións, Félix Bolaños, responde que o PP non ten credibilidade cando anuncia a ruptura de España.

"Estas profecías que fixeron, que sempre acaban igual, que nunca suceden pois pasará o que sucede sempre e é que España cun goberno socialista non rompe e cúmprese a Constitución".

Grupos independentistas

Mentres, os grupos independentistas cataláns preparan a Diada de setembro coa vista posta nas negociacións de investidura do presidente do goberno.

Tras coñecer esta semana as condicións de Junts, o presidente da Generalitat e coordinador de ERC reiterou, nunha entrevista no xornal El Periódico que a amnistía é condición necesaria pero despois hai que resolver o conflito entre Cataluña e o Estado, dixo.

Tamén o PNV lle advertiu ao PSOE que busque o acordo con eles e con Junts porque en caso contrario non sairá.

Con todo, o PP segue buscando apoios e ofrece ao seu secretario xeral para reunirse con Yolanda Díaz, á que critica por facer de mediadora, dixo, con Puigdemont. Os populares tamén ofrecen varias datas para dialogar co BNG. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade