Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Congreso rexeita a petición do Senado de volver votar a lei de antecedentes penais

O Congreso rexeita a petición do Senado de volver votar a lei de antecedentes penais

A cámara baixa alega que non procede atender a solicitude do Senado porque votou fóra de prazo a lei 

O PP considera que estamos ante un "veto" e avanza que presentará un conflito de competencias ante o Tribunal Constitucional

 

G24.gal 22/10/2024 11:38

A Mesa do Congreso rexeitou a última petición do Senado para que se volva votar na Cámara Baixa a lei sobre intercambio de antecedentes penais. O Congreso considera que non procede atender a solicitude do Senado ao entender que cumpriu coas súas obrigas constitucionais e regulamentarias. 

Faino en base a un informe dos letrados da Cámara, que avala o acordo que xa adoptou a Mesa o pasado martes, onde se deu por aprobada a lei. O informe sostén que o Senado votou fóra de prazo a lei e que o acordo de rexeitamento adoptado alí non pode considerarse un veto, como defende o PP, grupo maioritario na cámara. 

A lei foi remitida polo Congreso a Presidencia do Goberno e publicada no BOE o pasado sábado. 

O PP no Senado avanzou que presentará un conflito de competencias ante o Tribunal Constitucional, xa que, ao seu entender, o rexeitamento do pleno da cámara alta á lei debía entenderse como un "veto" e o Congreso tería que votar de novo a iniciativa.

De feito, a Mesa do Senado ten previsto incluír este martes na orde do día do pleno do 30 de outubro o requirimento formal á Mesa do Congreso para que rectifique, paso previo a presentar un conflito de competencias ante o Constitucional, algo inédito entre as dúas cámaras lexislativas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade