Publicador de contidos
Publicador de contidos

A rebaixa fiscal de Feijóo convence a patronal, pero non os sindicatos

A rebaixa fiscal de Feijóo convence a patronal, pero non os sindicatos

Os empresarios apoian a baixada de impostos

CCOO e UXT piden a volta do PP ao consenso social

G24.gal 19/04/2022 20:59

Alberto Núñez Feijóo reuniuse este martes , por separado, cos catro máximos representantes da patronal e dos sindicatos. Quixo confrontar con eles o plan económico que lle vai presentar ao presidente do Goberno a finais de semana. Encontrou pleno apoio dos empresarios na necesidade de baixar os impostos.

Tanto o presidente da pequena e mediana empresa, Gerardo Cuerva, como o da CEOE, Antonio Garamendi, aseguran que comparten ese criterio, que xa o veñen pedindo desde hai anos, e que só así as empresas poderán incrementar a súa actividade.

Garamendi non quixo dar máis detalles da proposta do PP pero insistiu en que hai moita marxe para baixar impostos se se reducise a economía somerxida. 

"Hai que facer que paguen os que non pagan, dixo, e  que os que pagamos, paguemos menos" 

Os sindicatos trasladáronlle a Feijóo unha posición radicalmente contraria. En opinión de CCOO, o que procede agora é reducir os prezos enerxéticos para rebaixar a inflación.

"O que necesita España, dixo Unai Sordo, é mellorar o sistema de protección social cun sistema fiscal máis xusto e equitativo, onde paguen máis os que máis teñen"

Máis receptivo se amosou o líder da UXT, aínda rexeitando de plano calquera baixada do IRPF

Pepe Álvarez dixo que prefire esperar a coñecer os detalles da proposta económica do PP para valorala no seu conxunto.

Ambos expresáronlle a súa preocupación pola participación de Vox no Goberno de Castela e León e pedíronlle que reconsidere a posición do Partido Popular en acordos sociais como a reforma laboral, as pensións ou a renovación dos ERTE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade