Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo promete menos impostos e revisar cada lei que fose aprobada co apoio de Bildu

Feijóo promete menos impostos e revisar cada lei que fose aprobada co apoio de Bildu

A loita pola igualade e contra a violencia de xénero ou fixar os obxectivos lexislativos no ámbito do diálogo social son outros dos obxectivos

G24.gal 19/06/2023 11:24

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, expuxo cal será o seu decálogo de primeiras medidas se chega ao Goberno, entre as que inclúe, xunto a rebaixas de impostos e redución do número de ministerios, a revisión de "cada medida na que o voto de Bildu foi decisivo" na última lexislatura.

Nun almorzo informativo de Nova Economía Fórum, Feijóo avanzou as súas dez principais medidas se goberna tras as eleccións do 23 de xullo, das que a primeira será reducir o número de ministerios, porque ter vinte e dous como agora parécelle "prescindible".

Transparencia nas contas públicas e "menos impostos en 2023 que o pago en 2022" mediante a rebaixa do IRPF "ás rendas medias e baixas" son as dúas seguintes medidas, mentres que a cuarta sería recuperar o delito de sedición e aumentar as penas por corrupción.

En quinto lugar, prometeu que nos cen primeiros días remitirá ás Cortes unha nova lei orgánica do poder xudicial "para garantir a independencia do Consello Xeral do Poder Xudicial e de xuíces, maxistrados e fiscais".

A loita pola igualdade e contra a violencia de xénero foi citada por Feijóo en sexto lugar e chamar os axentes sociais para fixar os obxectivos lexislativos no ámbito do diálogo social, no sétimo.

"Revisarei unha a unha cada medida en que o voto de Bildu foi decisivo" para a súa aprobación parlamentaria, indicou como oitava medida do decálogo, para engadir que cun goberno do PP "o voto de Bildu non vai servir para nada".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade