Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feira científica para atraer talento feminino á Universidade de Vigo

Feira científica para atraer talento feminino á Universidade de Vigo

O Campus de Ourense acolle a sétima edición da feira Exxperimenta en Feminino

Só un 17 % das matrículas en Enxeñería Informática son mulleres

Enxeñaría Aeroespacial é o grao con máis mulleres, pero non superan o 40 %

 

 

G24.gal 16/02/2024 20:37 Última actualización 16/02/2024 20:58

Ano 2024 e a ciencia e a tecnoloxía seguen a ser territorio inexplorado para unha ampla porcentaxe da poboación.

"De cada 100 estudantes que entran en primeiro de carreira en Enxeñería Informática, só 17 son mulleres", sinala Alma Gómez, profesora de Enxeñería Informática e coorganizadora da feira.

Na maioría dos casos, as estudantes cos mellores expedientes académicos decántanse polas ciencias da saúde.

"Se o que queren é axudar a xente, o que queremos que saiban é que se pode axudar moito as persoas coa tecnoloxías. Podes facer un programa de cribado do cancro de mama en base ás radiografías", explica Alma.

É neste caldo de cultivo onde nace Exxperimenta, a feira que promove a ciencia e a tecnoloxía entre as mulleres. Son elas, as alumnas das enxeñerías, as que nos amosan o seu traballo.

"O que facemos é esferificacións de iogur e gominolas con zumes de froitas", comenta Noelia, alumna de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. "Aquí podemos ver a sección da á dun avión", explica María, de Enxeñería Aeroespacial, quen engade: "Eu vexo moi importante que as nenas pequenas vexan estas cousas e se interesen. De feito, hoxe viñeron moitas nenas pequenas e parecían moi contentas".

A feira vai dixirida a estudantes, nenos e nenas, desde primaria a bacharelato, para normalizar o acceso das mulleres a estas carreiras. "Eu teño en mente facer unha carreira relacionada con Bioloxía ou Física porque son materias que me encantan. E os experimentos que nos ensinaron hoxe son superdivertidos", di unha alumna do IES Lagoa de Antela de Xinzo, de visita na feira. 

Dobre perda

A perda pola falta de mulleres nestes campos é dobre: para elas, como opción laboral, e para a sociedade en xeral pola perda de talento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade