Publicador de contidos
Publicador de contidos

FeiraDeza, a reivindicación do rural galego

FeiraDeza, a reivindicación do rural galego

O certame de raza frisoa reuniu as mellores vacas de leite galegas

Na feira celebráronse un concurso de manexo de tractores e unha poxa de gando frisón

G24.gal 09/06/2024 22:35

Lalín, o concello con máis gando vacún de Galicia, celebrou esta fin de semana FeiraDeza, un certame de referencia para o sector, onde se puideron coñecer as mellores vacas de leite.

Unhas 200 cabezas de vacún das mellores explotacións de Galicia acudiron esta fin de semana á edición número 39 de FeiraDeza, que este ano sumou unha noite de festa, un concurso de manexo de tractores, ademais de expositores de maquinaria.

"Querémolo converter nunha festa do agro, á parte da feira. E queremos que sexa a fin de semana de reivindicación do sector e do mundo rural. Queremos converter esta data na festa do orgullo en Galicia do mundo rural", anunciou Avelino Souto, concelleiro de Lalín.

O certame Open Internacional de Raza frisoa deu mostra das mellores vacas de leite de Galicia, con premios nas distintas categorías e exemplares gañadores coma Mona, mellor vaca nova de 28 a 36 meses, propiedade de Miguel Rial Mato, da gandería Finca La Asunción, de Touro.

"O xuíz escolleuna por ser un animal moi ben unido e balanceado, e o principal foi o bo sistema mamario e a fortaleza das patas. Foi o que destacou".

"É un pouco ese escaparate que cada gandeiro quere amosar como orgullo persoal de criador e como hobby que teñen, que se desprazan a diferentes concursos nacionais e internacionais", asegurou Xosé Rodríguez López, supervisor da Federación Frisoa Galega

O domingo celebrouse a poxa de gando frisón.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade