O Día da Nai, unha celebración familiar pero tamén un pulo para o comercio
O Día da Nai, unha celebración familiar pero tamén un pulo para o comercio
O Día da Nai move moitos cartos
O que máis ilusión lles fai ás mamás son os agasallos feitos polos máis pequenos
O primeiro domingo de maio, celébrase o Día da Nai. Un día especial para nais e fillos, e tamén para algúns establecementos que teñen un pico de vendas.
Moitos negocios aproveitan o Día da Nai para sacar uns cartos extra. Por exemplo, algunhas florarías, a pesar de ser domingo, abriron. É o caso de Gonzalo Gómez.
Levo case 45 anos no mundo das flores e xa era un día que se abría nos finais dos setenta. Un día de moito traballo, porque, como che dicía, das nais acordámonos todos.
Os agasallos máis típicos, como bombóns, flores, xoias ou perfumes parece que non pasan de moda.
Voulle mercar aquí un ramo de flores para darllo da parte da miña irmá e miña.
Pero o que máis ilusión lles fai ás mamás, o que marca, por norma xeral, son os agasallos feitos polos máis pequenos.
Téñoo na neveira pegado. Unha foto dela e que me pon quérote.
Un día no que non todo o mundo pode gozar en familia, porque o traballo manda.
A nós hoxe tócanos estar atendendo, ao servizo do cliente, atendendo o cliente ata a hora que faga falta.
Ao final, esteamos ou non fisicamente con elas, con ou sen agasallo, o importante é demostrarlles o moito que significan para nós.
Moitas grazas mamá e quérote moito. Grazas mami, quérote moito. E moitas grazas por estar sempre comigo e ser a miña mellor amiga.
Feliz día para todas as mamás.