Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferida unha condutora ao chocar cun camión na A-52 en Xinzo

Ferida unha condutora ao chocar cun camión na A-52 en Xinzo

O accidente produciuse nun treito recto con boa visibilidade, polo que non se descarta que se debese a somnolencia ou distracción

G24.gal 06/08/2024 20:00

Unha muller quedou ferida de consideración ao chocar cun vehículo articulado na A-52 ao seu paso por Xinzo de Limia.

O accidente produciuse pouco antes das catro da tarde deste martes no punto quilométrico 181,500 da autovía en sentido Benavente.

O turismo, de matrícula portuguesa, alcanzou un vehículo articulado que transportaba botellas de vidro desde Arbo a Logroño.

A condutora do coche foi trasladada polos servizos sanitarios ao hospital de Verín.

O accidente produciuse nun treito recto con boa visibilidade, polo que non se descarta que se debese a somnolencia ou distracción por parte da muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade