Feridas dúas persoas nunha violenta colisión preto do aeroporto de Santiago
Feridas dúas persoas nunha violenta colisión preto do aeroporto de Santiago
Implicados dous coches que bateron e caeron por un noiro
Os condutores foron trasladados ao hospital compostelán
Dúas persoas resultaron feridas nunha grave colisión de tráfico rexistrada esta madrugada preto do aeroporto compostelán da Lavacolla-Rosalía de Castro.
O accidente produciuse na estrada que xunta o aeródromo coa localidade veciña de Sigüeiro, cando supostamente un dos vehículos estaba a incorporarse dende unha pista e foi alcanzado por outro coche que circulaba pola vía principal.
A colisión foi tan violenta que os dous coches saíron proxectados contra un tornarriscos e acabaron caendo por un noiro, mentres que o motor dun deles, saíu voando en dirección contraria a máis de cincuenta metros.
Ambos os dous condutores, un veciño de Sigüeiro e outro da Coruña, foron trasladados ao complexo hospitalario de Santiago, aínda que en todo momento permaneceron conscientes. A Garda Civil de Tráfico está a investigar as circunstancias do accidente.