Ferido en Boiro o condutor dun vehículo que saíu da vía e bateu contra catro coches estacionados
Ferido en Boiro o condutor dun vehículo que saíu da vía e bateu contra catro coches estacionados
O condutor abandonou o vehículo polo propio pé, pero foi trasladado a un centro hospitalario para ser atendido
Un condutor quedou ferido tras saír da vía o vehículo que conducía no concello de Boiro e chocar contra catro coches estacionados.
Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse pouco antes das 04:00 horas na estrada AC-305, ao seu paso pola parroquia de Cimadevila.
Ata o lugar desprazáronse profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil de Boiro, así como os bombeiros do parque comarcal provincial.
Xa no lugar, os servizos de emerxencias comprobaron que o condutor abandonara o vehículo polo propio pé, polo que non foi necesaria a súa excarceración. Finalmente, foi trasladado ao Hospital do Barbanza.