Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fernando Alonso: "O narcotráfico é o novo terrorismo que o Estado debe combater"

Fernando Alonso: "O narcotráfico é o novo terrorismo que o Estado debe combater"

O presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico reclama cambios lexislativos xunto a "determinación e máis medios"

Asegura que en Galicia existe un rexeitamento social aos narcos que contrapón co apoio co que contan no Sur de España: "É un problema gravísimo normalizar o crime organizado"

G24.gal 14/02/2024 10:46

O presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, Fernando Alonso, asegura que o acontecido en Barbate o pasado venres, cando unha narcolancha levou por diante unha embarcación pneumática da Garda Civil e matou a dous axentes, é un exemplo de "narcoterrorismo".

Comparte a visión da fiscal xefe antidroga do Campo de Xibraltar de que este tipo de feitos deben cualificarse como terrorismo. "O de narcoterrorismo debe ser o enfoque que lle debe dar o Estado ao narcotráfico. É o novo terrorismo que temos que combater con absoluta determinación e con moitos máis medios dos que temos porque, senón, a situación vai empeorar. Hai moitas medidas que tomar pero unha delas son medidas lexislativas para evitar situación das que se están a beneficiar os narcos e as organizacións", apunta. 

Alonso pon como exemplo as fianzas que se lles impoñen aos investigados por delitos de tráfico de drogas e apunta que "non pode ser que cando se deteña un narcotraficante lle poñan unha fianza de 30.000 euros para saír do cárcere ou para evitalo. Tardan 10 minutos en xuntar os cartos. É un despropósito". 

Pide contundencia e lembra que as narcolanchas, como a que matou ós dous gardas civís,  están prohibidas e "actúan con absoluta naturalidade" polo que entende que son necesarios máis medios humanos e materiais e "cambiar procedementos e operativas".

Fernando Alonso marca distancias a respecto da situación que se vive no Sur de España e Galicia e sostén que "aquí a situación é diferente porque os narcotraficantes son delincuentes que trafican na máis absoluta clandestinidade e que contan con un rexeitamento social maioritario. Cousa que en determinados ámbitos do Sur de España non acontece. É un problema gravísimo normalizar o crime organizado"

Aplaude a decisión da Fiscalía de Andalucía de investigar aos que ovacionaron ós narcotraficantes cando a súa embarcación levou por diante a lancha da Garda Civil causándolles a morte a dous axentes. Pide contundencia contra "eses miserables que ovacionaban ese masacre. É inadmisible e urxe intervir e facer moito máis do que se fixo ata o de agora". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade