Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferrari perde un preito en Galicia por un coche tuneado

Ferrari perde un preito en Galicia por un coche tuneado

A compañía pedíalle máis de dous millóns de euros a un coruñés por un delito contra a propiedade industrial

O home, que tiña un Ford Cougar tuneado coma un Ferrari, foi absolto polo Xulgado do Penal da Coruña

 

G24.gal 18/10/2023 13:44

No depósito de coches de Arteixo esta aínda inmobilizado o vehículo protagonista do preito: un Ford Cougar modificado na carrocería e no interior para semellar un Ferrari 430.

Comprouno hai cinco anos, xa con aspecto, un coruñés que foi acusado pola compañía italiana dun delito contra a propiedade industrial. Pedíanlle máis de dous millóns de euros, pero o Xulgado do Penal Número 3 da Coruña exime de toda culpa este home.

Malia estar relacionado cun negocio de compravenda de coches e poñerlle adhesivos publicitarios no lateral, non tiña intención de vendelo como se realmente fose un Ferrari. Tampouco queda probado para o maxistrado o dano reputacional para a marca, nin para os dereitos dos consumidores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade