Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferraz destitúe o comité organizador do Congreso do PSdeG e nomea un proposto por Formoso

Ferraz destitúe o comité organizador do Congreso do PSdeG e nomea un proposto por Formoso

Ademais de organizar o congreso, a comisión dirixirá os recursos humanos tanto do Partido Socialista de Galicia como polo Grupo Parlamentario

Gonzalo Caballero en conferencia de prensa Gonzalo Caballero en conferencia de prensa
G24.gal 08/11/2021 16:50

A dirección do PSOE destituíu o comité organizador do congreso dos socialistas galegos, que designou o perdedor Gonzalo Caballero, e nomeou un proposto polo vencedor, Valentín González Formoso.

Na resolución, con data de este luns e asinada polo responsable de Organización do PSOE, Santos Cerdán, a Comisión Executiva Federal lembra que Formoso foi proclamado secretario xeral do PSdeG pola Comisión Nacional de Ética do partido en Galicia o pasado 5 de novembro, data na que propuxo a creación desta comisión, unha posibilidade recollida nos estatutos da formación.  

Esta nova comisión organizadora, que dependerá do novo secretario xeral, estará composta pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o alcalde de Vilgarcía de Arousa e presidente da Fegamp, Alberto Varela; o rexedor de Ames, Blas García; o administrador-xerente do partido, Luís Ángel Lago Lage; o alcalde de Valdoviño, Alberto González; a edil pontesa, Ana Pena, a que fora xefa de gabinete de Emilio Pérez Touriño, Teresa Facal e a deputada autonómica e secretaria provincial do PSOE de Lugo, Patricia Otero.

Ademais da organización do propio congreso, a comisión dirixirá os recursos humanos e do persoal contratado tanto polo Partido Socialista de Galicia como polo Grupo Parlamentario. Un grupo do que Caballero quere seguir sendo o voceiro. Dicíao esta mañá antes de coñecerse esta decisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade