Cargando resultados...
Ferroglobe presenta un ERTE para a fábrica de Sabón
Ferroglobe presenta un ERTE para a fábrica de Sabón
O ERTE presentado aos sindicatos é para todo o cadro de persoal das súas fábricas de Sabón, en Arteixo, a de Monzón en Aragón e a de Boo, en Cantabria.
O ERTE afecta en total uns 400 traballadores
O erte duraría desde novembro ata finais de 2024
G24.gal
25/10/2022 12:02
A multinacional Ferroglobe preséntalle aos sindicatos unha oferta inicial de ERTE para todo o cadro de persoal das súas fábricas de Sabón, en Arteixo, de Monzón en Aragón e de Boo, en Cantabria. En total, uns 400 traballadores.
A intención da compañía é que o ERTE comece en novembro e se prolongue ata finais de 2024. Nun comunicado, Ferroglobe explica que a grave situación do mercado enerxético e os altos prezos da enerxía estanlle afectando ás produción das tres plantas.