Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferrol e Viveiro, epicentros da Semana Santa galega

Ferrol e Viveiro, epicentros da Semana Santa galega

G24.gal 06/04/2023 11:47 Última actualización 06/04/2023 21:56

Ferrol e Viveiro viven os días grandes da súa semana santa. Nas rúas e actividade continua nos hoteis.

Por iso hai quen para non perderse detalle colle sitio con moita antelación, aínda que isto supoña moitas horas de espera por diante

Os visitantes que estes días enchen a cidade viven as procesións con moita emoción.

E mellor aínda se o tempo acompaña.

 

Ferrol: horarios e lugares 

En Ferrol estas son as citas importantes. A procesión do Cristo da Boa Morte da Confraría da Soidade saiu ás 18:30 para pasar pola glorieta de Alfredo Martín, Real, San Diego, Magdalena, Concepción Arenal, Real e retirada na capela da Orde Terceira.

A procesión da Confraría da nosa Señora das Angustias foi unha hora despois comezando na praza das Angustias e pasando pola avenida de Esteiro, Carlos III, Españoleto, Soto, San Amaro, Lugo, Real, Sánchez Barcáiztegui, Magdalena, Carmen, paseo de Pablo Iglesias e retirada no santuario das Angustias.

A última foi a procesión do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima da Piedade da Confraría de Dores ás 23:00. Saiu de Méndez Núñez, para pasar pola rúa María, Arce, Magdalena, Carmen, Real e Méndez Núñez.

Os actos de semana santa comezaron hai xa seis días pero Viveiro viviu este xoves unha das xornadas máis grandes.

As procesións comezaron durante o serán e prolongáronse ben entrada a madrugada.

Dende as imaxes que van nos desfiles ata os traxes dos costaleiros, as andas ou os cíngulos e capirotes pódense contemplar neste museo provisional.

Esta primeira semana santa sen ningún tipo de restrición pola pandemia está a ser todo un éxito de público. As reservas hoteleiras esgotáronse hai semanas e a ocupación é do cen por cen. Esta festa declarada Ben de Interese Turístico Internacional enche Viveiro ao longo de toda a semana e os turistas chegan dende toda España. 

Este xoves saíron as procesións da última cea, o prendemento e a misericordia e este venres chega outro dos momentos claves coa celebración do santo encontro. 

Viveiro: horarios e lugares 

En Viveiro este Xoves Santo a primeira procesión, da Última Cea, saíu ás 19.30 de San Francisco. Seguiu ás 22 horas a procesión do Prendemento, que tamén saíu da igrexa de San Francisco, e finalizou a xornada coa procesión da Misericordia a medianoite, ás 00:30 horas, con saída da capela da Misericordia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade