Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferrol recrea nas rúas a época de esplendor do século XVIII co Festival Ilustrado

Ferrol recrea nas rúas a época de esplendor do século XVIII co Festival Ilustrado

G24.gal 14/06/2024 21:55

Achegámonos ao Ferrol da Ilustración da man de dona Josefa Pardo y Osorio, membro dunha familia nobre da época. Ela capitanea unha das visitas guiadas. "O primeiro vai ser aquí xa no peirao de Curuxeiras para falar da ría e tamén do Arsenal, dos estaleiros ou da muralla que se fai no século XVIII", explica Isalbel Díaz-Robles, guía turística. 

Na praza de Amboaxe tivo lugar o encontro ilustrado no que participaron algúns dos nomes destacados da sociedade ferrolá no século XVIII. Para lograr unha maior implicación da cidadanía nesta celebración este ano organizaronse talleres de costura onde se elaboraron traxes de época. 

O Festival Ilustrado recrea as orixes da cidade ao redor dos estaleiros e do Arsenal. Faino cun amplo programa de actividades inclusivas que se desenvoverá durante toda a fin de semana. "Facemos bailes, xogos propios da época, pasarrúas. Temos agora unha clase maxistral de maquillaxe do século XVIII. Imos facer tamén degustacións con aperitivos e produtos típicos e ilustrados", detalla Cristina Saavedra, do Centro de Iniciativas Turísticas de Ferrol que organiza o festival.

O prato forte será a noite ilustrada do sábado no Arsenal. Todo co obxectivo de impulsar a candidatura de Ferrol como Patrimonio Mundial e converter a cidade en primeiro destino ilustrado de España. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar