A Pobra do Brollón enxalza a improvisación oral no seu festival Brindadeira
A Pobra do Brollón enxalza a improvisación oral no seu festival Brindadeira
Os antecedentes do brindo están nas cantigas medievais e a evolución no rap
A Pobra do Brollón acolle este sábado o festival de brindos de Galicia, un xénero tradicional de improvisación oral.
O certame, denominado Brindadeira, tenta manter viva esta arte e poñer en valor a figura das mulleres improvisadoras, que raramente se expoñían fóra dos seus espazos privados.
No contexto do festival, tamén se celebrou unha mesa redonda na que se escoitaron experiencias sobre a improvisación oral noutros territorios, coma en Euskadi e tamén se homenaxeou a figura do Pepe e do Álvaro de Forgas, dous veciños que dominaban a arte dos brindos.
Na escola municipal tamén poñen en valor os brindos e tentan transmitirllelos ás novas xeracións con obradoiros dende xaneiro deste ano.