Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fin das chamadas comerciais sen consentimento: adeus ao spam telefónico

Fin das chamadas comerciais sen consentimento: adeus ao spam telefónico

Están prohibidas dende este xoves 

Teleoperadores traballando nunha central de chamadas
G24.gal 29/06/2023 09:21 Última actualización 29/06/2023 15:14

Este xoves entran en vigor os cambios na lei de telecomunicacións. Así que, quedan prohibidas as chamadas comerciais ou de publicidade sen consentimento.

As empresas que incumpran poderían enfrontarse a unha multa de ata 100.000 euros, por sanción leve.

A nova norma vai garantir que só os que queiran van recibir as chamadas comerciais. Pon fin a prácticas abusivas, sobre todo de sectores moi concretos. Aínda que a OCU teme que poidan facer trampas para esquivar a lei.

"Polo que habería que inspeccionar e vixiar escrupulosamente a telefonía, a enerxía e os servizos financeiros, que acumulan a práctica totalidade do spam telefónico", informa Enrique García, voceiro da asociación de consumidores.

A Axencia Española de Protección de Datos será a encargada de velar polo cumprimento da norma e é onde debemos denunciar se as empresas non cumpren. Pódese retirar o consentimento expreso por escrito ou por teléfono no momento da chamada, aínda que só se pode identificar quen está detrás nun 33 % dos casos.

"No resto son chamadas anónimas onde o consumidor non ten xeito de exercer un dereito cidadán fundamental", continúa o voceiro da OCU.

"Durante un tempo seguro que nos deixarán tranquilos, máis adiante seguro que atopan algún subterfuxio e o xeito de volver a darnos a lata", teme unha consumidora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade