Fin de semana con moito movemento nas estacións de tren de Galicia
Fin de semana con moito movemento nas estacións de tren de Galicia
Renfe reforza con 2.000 prazas adicionais, esta fin de semana e mais a seguinte, a conexión Galicia-Madrid
Viaxeiros frecuentes din que hai que reservar con semanas de antelación para conseguir billete
Trens completos procedentes de Vigo, A Coruña, e Ourense, e tamén os que saían desde Santiago con destino a estas cidades.
“Se non o fas con tempo é imposible coller billete".
"Terán que aumentar as frecuencias ou os tamaños dos trens”.
“No último día non vas atopar praza".
Algúns viaxeiros frecuentes queixábanse esta mañá da dificultade para atopar praza na conexión entre Ourense e Santiago e tamén nos servizos do eixe atlántico. Din que é necesario facelo con semanas e mesmo con máis dun mes de anticipación, no caso das frecuencias que coinciden coa saída ou coa chegada dos estudantes na fin de semana.
“Tes que reservar con dúas ou tres semanas, se non o fas así, cando empeza o curso xa non hai nada".
“Ata o momento non tiven ningún problema, pero desde que empezaron as clases si, empezou a haber problemas, pero en fin, tes que cambiar a hora e xa está”.
"Tiven que coller ata novembro, e aínda así tamén había trens completos”.
Renfe recoméndalles aos viaxeiros coller o billete con antelación en horarios e días punta de máxima afluencia.
"É verdade que se reservas dous ou tres días antes, agora cos bonos gratuítos é complicado, pero reservando cunha ou con dúas semanas non tes problema".
“Reservei con anticipación, tres ou catro días antes, e non tiven problema”.
No caso da conexión entre Galicia e Madrid, Renfe reforza o servizo con dúas mil prazas adicionais esta fin de semana e mais a seguinte, cunha nova frecuencia do Alvia en cada sentido os venres e os domingos.