Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fin de semana de portas abertas nas adegas de denominación Rías Baixas

Fin de semana de portas abertas nas adegas de denominación Rías Baixas

Visitamos Vionta, unha pequena adega do Salnés

G24.gal 11/05/2024 14:56

Esta fin de semana pódense visitar vinte e seis adegas da denominación de orixe Rías Baixas. Estivemos con eles na adega Vionta de Meaño, unha das tres que visitou o grupo co que cadramos.

Pertencente ao grupo de orixe catalá Ferrer Wine con adegas na Rioxa, no Penedés ou na Arxentina, Vionta está encravada nun balcón sobre a ría de Arousa. A adega fixo unha clara aposta polos monovarietais de uva albariña. Preto de 30 persoas coñeceron este sábado os segredos da elaboración dos seus viños 5 viños galegos.

Cada setembro cóllese a uva dos viñedos, de xeito manual en caixas de 20 quilos, o primeiro labor é retirar as uvas dos acios cunha despalilladora, logo chegará o prensado e a fase estrela: a fermentación que ás veces se fai en dúas fases. Varios meses de repouso nestes depósito son precisos para que o viño descanse.

Cada embotellado está supervisado pola Denominación de Orixe Rías Baixas que testa catro botellas de cada depósito que logo é precintado ata que conseguen o visto e prace da D. O. para embotellar.

Coa fin da visita chega o mellor momento a cata do Vionta Albariño, haino tamén godello. Pero non é a única referencia desta adega tamén produce o You and me e o Depende, e de momento só 1.200 botellas de  Bosque de Fuscallo, un viño que madura en barrica de carballo francés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade