Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fin de semana outonal en Galicia tras o paso da borrasca

Fin de semana outonal en Galicia tras o paso da borrasca

As previsións indican un anticiclón e máis calor para a fin de semana vindeira

A quince días de que chegue o outono, resulta difícil anticipar como será o tempo

G24.gal 07/09/2024 14:00

Os que saíron á rúa nas primeiras horas da mañá deste sábado aínda atoparon algo de chuvia, frío e moita néboa. Xa a media mañá, o sol deixouse ver entre as nubes. É o tempo revolto propio do outono, que mellora tras o paso da borrasca que deixou moita precipitación e frío invernal en moitos lugares do país.

"Vai ser unha fin de semana de inicio de outono. Non vai ser tan mala coma onte, pero tampouco de sol e praia. Estaremos, o que queda de sábado e o domingo, con ceos parcialmente cubertos, máis claros no interior de Galicia e case nada de precipitación. Esta tarde ou mañá, pode escapar algún chuvasco, pero case se pode falar de tempo seco".

Para ser principios de setembro, as temperaturas non se consideran altas.  As previsións anuncian un anticiclón e máis calor para finais da semana que vén, mentres tanto, o tempo seguirá revolto, sobre todo no norte.

"Na metade sur, nas provincias de Ourense e Pontevedra, vai vir tempo seco, as temperaturas non van seguir subindo, pero van ser agradables entre 20 e 25 graos. Na metade norte, os ventos do norte van traer máis nubes, probablemente o mércores e o xoves vai chover algo".

A dúas semanas de que empece o outono, resulta difícil adiantar como se presentará a próxima estación. 

"Estamos en latitudes medias, moi influenciados polo Atlántico e calquera pequena variación cambia radicalmente a predición".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade