Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un verán cambiante, un mes moi húmido e outro moi cálido e seco

Un verán cambiante, un mes moi húmido e outro moi cálido e seco

O 20 de xullo marcou un antes e un despois coa anhelada chegada do tempo seco e a calor, incluso por riba da media

Malia que houbo notables diferenzas entre o norte e o sur da comunidade, a nivel xeral foi un verán cálido

O mes de agosto choveu un 71 % menos da media rexistrada

Rematou o verán climatolóxico
G24.gal 05/09/2024 15:17

O verán climatolóxico esténdese dende o 1 de xuño ata o 31 de agosto e agora toca facer balance de como foi. Cambiante é a palabra que mellor o define.

 "Foi un verán que tivo moitas alternativas. Foi un verán que empezou bastante por debaixo da expectativa. O mes de xuño de feito foi un mes en que tivemos bastantes chegadas de borrascas, de frontes", explica Juan Taboada, meteorólogo de Meteogalicia.

Foi un mes húmido e así comezou tamén o mes de xullo cun anticiclón que non se acababa de impoñer e coa chegada de varias borrascas, máis activas do normal para a época do ano. Pero chegou o 20 de xullo e con el o agardado verán.

"A partir de aí tivemos practicamente corenta xornadas, os últimos dez días de xullo, todo o mes de agosto en que o predominio anticiclónico, aí si foi bastante maioritario, os anticiclóns foron moi frecuentes", continúa.

E aínda que houbo notables diferenzas entre o norte e o sur da comunidade, a nivel xeral foi un verán cálido.

 "As temperaturas aumentaron este verán en Galicia e fixérono en 0,9 graos por riba do período de referencia", apunta Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático

Pola contra as choivas diminuíron

 "O mes de agosto choveu un 71 % menos da media rexistrada", conta a conselleira.

Con todo os niveis hídricos déronnos un respiro. Os encoros están de media por riba do 70 % o que supón un 10 % máis ca nos últimos 10 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade