Estes son os finalistas dos premios María Casares
Estes son os finalistas dos premios María Casares
Nos premios María Casares As oito da tarde, cando morren as nais e As que limpan parten como favoritas
En total compiten 16 produccións en 15 categorías
Por primeira vez vaise dar o premio a mellor espectáculo de monicreques
E achégase a tempada de premios culturais. Un total de 15 espectáculos son os finalistas dos Premios de Teatro María Casares que se entregan o vindeiro 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
As montaxes con máis opcións este ano son: Ás oito da tarde, cando morren as nais, con nove candidaturas (dirección, dirección de movemento, actores secundarios, espazo escénico, iluminación, texto orixinal e vestiario) e As que limpan, que aspira a mellor espectáculo, dirección, dirección de movemento, actriz protagonista e secundaria, espazo sonoro, maquillaxe e texto orixinal. Pola súa banda Smoke on the water e O porco de pé, de Producións Teatrais Excéntricas, contan con seis candidaturas.
A novidade deste ano é que se entregará por primeira vez o premio ao mellor espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.