Publicador de contidos
Publicador de contidos

Formoso anuncia a reestruturación en profundidade do grupo parlamentario dos socialistas

Formoso anuncia a reestruturación en profundidade do grupo parlamentario dos socialistas

Luís Álvarez será o novo voceiro socialista no Parlamento de Galicia

G24.gal 17/01/2022 14:39

O Grupo Socialista no Parlamento galego viviu unha mañá de novas. Valentín González Formoso trasladou a súa decisión de que Luís Álvarez sexa a partir de agora o novo voceiro no Pazo do Hórreo. O saínte, Gonzalo Caballero, vai seguir como deputado e non descarta volver ser o candidato á presidencia da Xunta.

González Formoso foi claro: quere que Álvarez sexa a correa de transmisión da nova dirección do partido. Ademais do novo voceiro, o grupo ten tamén novos vicevoceiros: Julio Torrado, Begoña Rodríguez Rumbo e Leticia Gallego.

Substitúen persoas que son do equipo saínte, o de Gonzalo Caballero, quen, por certo, vai seguir como deputado e non descarta volver presentar a súa candidatura á presidencia da Xunta.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade