Formoso di que percibe un PP "nervioso" en relación coa data das eleccións galegas
Formoso di que percibe un PP "nervioso" en relación coa data das eleccións galegas
O líder do PSdeG-PSOE asegura que eles teñen trazado o camiño das primarias e evita entrar no tema dos posibles candidatos
No Carballiño estivo tamén este domingo, xunto a outros políticos, o líder dos socialistas galegos. Valentín González Formoso manifestou que o seu partido ten claro o camiño das primarias, cun traxecto definido, e que iso contrasta cun PP que ve "nervioso" en relación coa data das eleccións galegas:
"A diferenza de Alfonso Rueda e do Partido Popular, temos claro cal é o camiño, temos xa datas fixadas para decidir o noso candidato á presidencia da Xunta de Galicia. Polo tanto, nos estamos francamente tranquilos e esa mesma certeza habería que esixirlla a un presidente da Xunta de Galicia que está xogar con Galicia, que leva mareando a perdiz, leva dándolle voltas á buxaina durante semanas, se hai eleccións ou se non hai eleccións, cando o que debe prevalecer é o interese xeral dos galegos e das galegas".