Publicador de contidos
Publicador de contidos

Formoso renova o compromiso do PSdeG-PSOE co galeguismo e pide unha reforma do Estatuto

Formoso renova o compromiso do PSdeG-PSOE co galeguismo e pide unha reforma do Estatuto

O secretario xeral dos socialistas galegos volveu subliñar o apelido de galeguista para a súa formación

G24.gal 25/07/2022 14:18 Última actualización 25/07/2022 14:49

Os socialistas reuníronse en Rianxo, cunha ofrenda floral na estatua de Castelao. O secretario xeral do PSdeG renovou o compromiso do seu partido co galeguismo. Hai que ampliar o autogoberno e para iso, segundo Formoso, cómpre iniciar unha reforma do noso Estatuto de Autonomía. Foi a idea central nesta xornada festiva en Rianxo, na que o secretario xeral dos socialistas galegos volveu subliñar o apelido de galeguista para a súa formación.

Esta foi a primeira cita en Rianxo de Formoso no seu cargo de secretario xeral dos socialistas galegos. Tamén estivo presente o anterior, Gonzalo Caballero, ademais da alcaldesa de Lugo, o presidente da Deputación desa provincia e numerosos cargos locais do partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade