Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rajoy critica a amnistía no Foro La Toja

Rajoy critica a amnistía no Foro La Toja

O expresidente cre que sería unha emenda á democracia

A intelixencia artifical ou as regras fiscais europeas, outros debates do encontro

O rei reivindica o optimismo para "avanzar cara a sociedades máis libres e prósperas"

G24.gal 29/09/2023 08:33 Última actualización 29/09/2023 20:13

A segunda xornada do Foro La Toja deixou tras de si 6 debates do máis variado. Comezouse falando da transición enerxética. O presidente de Abanca garante o financiamento.

 

"Diría que temos un sector bancario preparado para mobilizar os volumes de financiamento necesarios. Hai liquidez, hai solidez financeira", dixo Juan Carlos Escotet.
 

Pouco despois, o vicepresidente de Google defendía as vantaxes da intelixencia artificial para as empresas, do que deixaba constancia a carón seu o número dous de Inditex.
 

Óscar García Maceiras explicou que "consideramos que nas nosas case 6.000 tendas temos 6.000 conselleiros delegados. Cada director dunha tenda ten que estar tomando decisións continuamente e, para ese proceso de toma de decisións, a información é clave".
 

En vez de Felipe González, Mariano Rajoy compartiu escenario co expresidente de Chile. Sebastián Piñera lamentaba unha perda de calidade democrática da que poñía a España como exemplo.

 

"Transformouse nunha guerra fratricida sen deus nin lei, como puidemos ver nos discursos da investidura do día martes", dixo Piñera.
 

Rajoy confesar que o debate sobre unha eventual amnistía pono moi nervioso. "A amnistía é unha emenda á totalidade dalgúns dos aspectos máis importantes que van unidos á democracia liberal: a igualdade e o Estado de dereito", dixo o expresidente do Goberno.

Pola tarde tocaba falar do regreso en 2024 da disciplina fiscal a Europa tras a paréntese da Covid, unhas novas regras que serán moito máis flexibles.
 

Cristina Herrero, presidenta da Autoridade Independiente de Responsabilidade Fiscal, explicaba que "se abandoa esta obsesión polo déficit. Os gobernos si teñen capacidade de aumentar os seus obxectivos de gasto se adoptan medidas que supoñan un aumento da recadación".
 

Este sábado, o presidente galego debaterá co manchego e co canario, no mesmo escenario en que Alberto Núñez Feijóo fará a súa primeira aparición pública tras o fracaso da investidura.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade