Publicador de contidos
Publicador de contidos

González e Rajoy sinalan a Portugal como exemplo de gobernanza dende a centralidade

González e Rajoy sinalan a Portugal como exemplo de gobernanza dende a centralidade

A partir das 12:45 interveñen nunha mesa redonda '5 décadas de democracia: o pasado e os retos do futuro' os expresidentes do Goberno de España Felipe González e Mariano Rajoy e os exprimeiros ministros portugueses Francisco Pinto Balsemão e António Costa

G24.gal 09/04/2024 10:29 Última actualización 09/04/2024 15:13

A iniciativa que naceu na Toxa en 2019 estende por segundo ano o espazo de reflexión á capital portuguesa. Nesta ocasión, coa ollada posta no aniversario das transicións á democracia. "Vimos adecuado titular esta edición como 'Cinco décadas de democracia en Portugal e España'", explicou o seu artífice, Amancio López Seijas.

Unha historia paralela de dous países cun "vínculo case umbilical", en palabras do presidente da República Portuguesa. Para Rebelo de Sousa, comparten "Valores de democracia, liberade, pluralismo... conscientes dos riscos comúns".

Entre esas ameazas, o populismo e a desigualdade. Niso coincidiron os participantes do prato forte deste encontro. Felipe González dixo que "Evitar a dependencia de grupos radicais en calquera dirección que condicionen o bo facer da política da centralidade. Vostedes conseguírono". Na mesma liña, Mariano Rajoy sostivo que "O problema é cando un vai gobernar con malas compañías, e deixa de lado a metade do país. Ese é o problema nalgúns lugares de Europa, e ahí está clave de poder acabar cos populismos. A inmensa maioría da xente non o é".

Os expresidentes apuntaron a Portugal como exemplo desa centralidade. E coincidiu na análise o exprimeiro ministro luso:"Ter logrado manter no noso sistema dous grandes partidos, un ao centroesquerda e o outro ao centrodereita que foron capaces sempre de liderar as alternativas". En pleno cambio de ciclo político en Portugal, Costa definiu o Foro Atlántico como "unha aula práctica para ser exprimeiro ministro".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade