Publicador de contidos
Publicador de contidos

Filipe VI reivindica o papel da UE nun contexto de "conflitividade e inestabilidade" na inauguración do Foro La Toja

Filipe VI reivindica o papel da UE nun contexto de "conflitividade e inestabilidade" na inauguración do Foro La Toja

O Foro premiou este ano a Josep Borrell  polo seu traballo á fronte da diplomacia europea

Alfonso Rueda reivindicou o valor da palabra na política e puxo a Galicia como exemplo de estabilidade

Felipe González e Mariano Rajoy defenden o bipartidismo como o mellor para España

Filipe VI entrega o Premio Foro La Toja a Josep Borrell no Grove (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 03/10/2024 09:48 Última actualización 03/10/2024 21:04

A guerra e os desafíos da democracia nun escenario mundial de inestabilidade centraron a inauguración da sexta edición do foro. Amancio López Seijas, Presidente da Fundación Foro La Toja asegurou que  "a democracia non se defende soa, ten que estar protexida pola forza, pero non a forza bruta senón a forza das ideas".  Segundo López Seijas, "a pesar de todos os cercos a dereitos e liberdades hai que ser optimista, a humanidade encontrará o camiño para renovar a democracia". 

O Foro La Toja premiou este ano a Josep Borrell  polo seu traballo á fronte da diplomacia europea. No seu discurso, Borrell puxo en valor o papel da Unión: "seguramente non estariamos onde estamos se un bo día os europeos non decidiran deixar de matarse entre eles, se non construísemos esa unión imperfecta que nos serviu para superar as nosas identidades antagónicas, sen chegar aínda a unha identidade colectiva".

O presidente da Xunta de Galicia reivindicou o sentidiño fronte aos extremismos e e puxo á nosa comunidade como exemplo de estabilidade: "permanecer á marxe dos extremismos déixache a liberdade para reivindicar o sentidiño galego que debería estar de moda non só en Galicia. O valor da palabra dada, o rigor na xestión pública, escoitar a todo o mundo sen pensar que uns teñen razón e outros non, ese é parte do noso carácter". 

Alfonso Rueda dixo que en Galicia non hai risco de turismofobia porque Galicia, afirmou, é unha terra hospitalaria e acolledora. 

O rei Filipe VI dixo que nun escenario mundial de inestabilidade non cabe a inacción de España e de Europa: "Europa xoga o seu futuro, e se o futuro é o noso maior reto, o presente a nosa principal tarefa na que non caben a inacción ou parálise nin a improvisación irreflexiva". 

Con todo o rei pediu ser optimista porque asegurou, hai máis razóns para a confianza que para a desesperanza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade